A calor dará un respiro o luns, pero a vaga de calor alongaráse ata xoves

A calor dará un respiro o luns, pero a vaga de calor alongaráse ata xoves

Dende o pasado domingo estamos baixo os efectos dunha vaga de calor que, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) durará, como mínimo, ata o vindeiro xoves. De feito, este venres alongaron a súa duración ata esa xornada.

Tanto este sábado coma este domingo as temperaturas continuarán sendo altas e, de feito, o domingo estará activo un aviso amarelo por iso. Na xornada do luns as máximas descenderán entre 6 e 8 graos, podendo rexistrarse a máxima máis baixa desde o inicio da vaga de calor, segundo as previsións actuais da AEMET.

Na xornada do martes os mercurios volverán ascender ata valores lixeiramente máis baixos ca os do domingo e, tanto mércores coma xoves, descenderán.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo