Activada a prealerta por seca na Estrada

Activada a prealerta por seca na Estrada

O Concello da Estrada recibiu este venres a notificación de Augas de Galicia na que se informa da activación da prealerta por seca no municipio. Esta situación afecta a todos os concellos que se atopan na conca do Lérez e Ría de Pontevedra.

Debido a iso, o Concello deberá enviar a Augas de Galicia os datos diarios de consumo de auga, informes de perdas na rede, as medidas que porá en marcha o Concello en caso de ser necesario e, en caso de agravarse a situación nalgún lugar, información sobre iso.

Por iso, desde o consistorio estradense compartiron unha serie de consellos para aforrar auga. Piden que non se empregue a auga para regar hortas, viñedos, xardíns, fincas ou similares; non encher piscinas; non usar auga para lavar os vehículos; ducharse en lugar de bañarse e reducir a duración das duchas; pechar a billa durante o enxaboado, afeitado ou cepillado de dentes; instalar dispositivos de baixo fluxo en billas e duchas; revisar e reparar fugas en billas e tubaxes; utilizar lavalouzas e lavadoras só cando estean cheas; pechar a billa mentres se lavan os pratos e utilizar deterxentes biodegradables.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo