Ás 03.05 horas deste martes rexistrouse un intento de roubo na Panadería de Rubín, na Rúa do Matadoiro. Dolores Ramos, xerente da panadería, contou nos micrófonos de Radio Estrada que se enterou por unha “moza que vai todos os días buscar o pan ao obrador” que non conseguía abrir a porta e, máis tarde, chamouna un veciño da zona para contarlle o sucedido.
Ese veciño era Manuel Bermúdez – que tamén atendeu á emisora -, quen escoitou ruídos e, ao saír ao balcón, viu a tres persoas intentando forzar a persiana e que, alertados polos berros de Manuel, fuxiron. Un dos asaltantes levaba unha gorra e os tres terían “sobre vinte e poucos anos”.
Os amigos do alleo non conseguiron entrar no establecemento, producíndose únicamente danos materiais. Ata o punto achegáronse pola mañá efectivos da Policía Local e da Garda Civil.

Deixa unha resposta a 2 postos de peón de brigada quedaron vacantes – Xornal da Estrada Cancelar a resposta