O dobrete de Miguel Fernández coloca ao Estradense nos oitavos de final

O dobrete de Miguel Fernández coloca ao Estradense nos oitavos de final

Este mércores o Estradense enfróntouse ao Covadonga nos dezaseisavos de final da Copa Federación, unha competición na que se xogan o pase á Copa Federación. O partido estáse xogando no Novo Municipal e é partido único. Un dobrete de Miguel Fernández outorgoulle aos roxillos a oportunidade de avanzar, estando xa nos oitavos de final.

Ás 20.30 horas o árbitro daba o pitido inicial e era o 10 do Estradense, Dani Pedrosa, o que sacaba. Ao pouco producíase a primeira oportunidade para o Covadonga. O equipo asturiano comezaba con intensidade, pero no minuto 5 un corner a prol do Estradense permitía a Miguel Fernández marcar o primeiro no marcador.

Tras isto os locais víñanse arriba e, ao pouco, Pedrosa tiña dúas ocasións que errou, unha porque foi un tiro alto e outra porque o porteiro do Covadonga atallou o balón. O Estradense continuou presionando e, cando as forzas comezaban a fallar, Miguel Fernández marcaba o segundo, que volvía subir os ánimos.

No 36 Thompson, do Covadonga, vía o primeiro cartón amarelo do partido por unha entrada a Ian. No 43 o amarelo recibíao Gerard tras varios avisos por parte do colexiado. Xa pasaba do 45 cando o Estradense tivo unha dobre ocasión que remataba nun corner que os roxillos tampouco era quen de aprobeitar.

No 47 un córner a favor do Covadonga permitía a Sergio marcar o primeiro dos asturianos. Tras isto Mella intentábao pero o balón pasaba por encima da portería e o Covadonga mostrábase superior. Ao pouco Óscar recibía un cartón amarelo.

Tras pararse o partido ao quedar un xogador de cada equipo no chan, pedíase por megafonía que non se tiren obxectos ao campo. O Covadonga tiña unha oportunidade índose un só e sendo capaz de desfacerse de Isra. Esta situación provocou a indignación do público por, posiblemente, ser un claro fóra de xogo.

No 20 da segunda metade unha xogada entre Ian e Miguel provocaba unha situación de perigo. Ao pouco, unha patada sen balón a Gerard facía saír aos equipos médicos, parando novamente o encontro. Na metade do segundo tempo, entraban Dani Varela, Rodri Fernández e Rulo.

Álex Delgado tiña unha oportunidade nunha falta e, despois, o balón volveu desfilar por diante da portería do Covadonga. No 80 Rulo vía unha amarela e, tres minutos despois, saía Gerard e entraba Prieto.

O 11 do Estradense conseguiu irse de varios xogadores pero o balón volvía desfilar pola portería. No 90 Sergio Prieto forzaba un corner, que non entraba. No 91 saía Miguel e entraba Hugo López, que case conseguiu metela dentro da portería. Xa no desconto, unha falta de Carabán daba unha oportunidade de ouro ao Covadonga para empatar o encontro, chegando a subir o porteiro, pero o tiro do lanzador pasou dos paus da portería local.

Goles: Miguel Fernández (1-0, 5’) (2-0, 28’), Sergio (2-1, 47’)

Comentarios

One response to “O dobrete de Miguel Fernández coloca ao Estradense nos oitavos de final”

Deixa unha resposta a Dos avances na ampliación do polígono de Toedo ao debate sobre a situación do rural – Xornal da Estrada Cancelar a resposta