Este venres o inicio da segunda etapa da Volta a Galicia transcurrirá polos termos municipais da Estrada e Cuntis tras darse a saída neutralizada en Caldas de Reis ás 12.30 horas e a saída real ás 12.35 horas na N-550 ao seu paso por Bemil.
En Setecoros (Valga) xirarán dirección Cuntis pola PO-220. Seguirán por unha estrada local ata o polígono da Ran (12.55 horas) e circularán pola N-640 ata a Avenida Benito Vigo da Estrada (meta voante, paso previsto entre as 13.10 e as 13.15 horas), previo paso polo Alto da Cruz (porto de montaña de terceira categoría, paso previsto entre as 13.06 e as 13.10 horas).
Tras isto, continuarán por Pérez Viondi e pola EP-7001 ata Codeseda (entre as 13.23 e as 13.29 horas) para seguir pola PO-222 ata Campo Lameiro.
Tras isto, outras estradas que verán afectada a circulación polo paso do pelotón serán a PO-223 (Santo André de Xeve – Barro), PO-224 (Barro – Caldas de Reis), N-550 (Caldas de Reis – Vilanouviña), EP-8004 (Vilanouviña – A Goulla), PO-531 (A Goulla – Portarís), EP-9508 (Portarís – Mosteiro), PO-300 (Mosteiro – San Salvador de Meis), EP-9403 (San Salvador de Meis – Barrantes), EP-9402 (Barrantes – Ribadumia), EP-9305 (Ribadumia – Ponte Arnelas), EP-9511 (Ponte Arnelas – O Sisto), PO-301 (O Sisto – András), EP-9701, estrada de acceso ao Miradoiro do Monte Lobeira, PO-301 (Vilagarcía – Pousadoiro) e PO-305 (Pousadoiro – Saiar). Desde alí, percorrerán parte do casco urbano de Caldas de Reis ata chegar á meta.
Imaxe de portada: perfil da etapa // Xornal da Estrada


Deixar un comentario