O polígono de Toedo sufrirá un corte no subministro de auga para instalar un contador

O polígono de Toedo sufrirá un corte no subministro de auga para instalar un contador

O vindeiro luns, de 20.00 a 22.00 horas, o polígono industrial de Toedo sufrirá un corte na subministración de auga para instalar un contador de auga nel. Esta será a primeira actuación levada a cabo polo Concello da Estrada no marco do plan de sectorización que está comezando a executar na rede pública de distribución de auga, en cumprimento da normativa europea que busca garantir a eficiencia das traídas de auga.

A franxa na que se fará foi escollida para que o impacto que teña a instalación deste contador sexa o menor posible na actividade diaria deste parque empresarial. O dispositivo que vai ser instalado controlará o funcionamento da rede en todo o polñigono, rexistrando os consumos e servindo de ferramenta de control ante posibles fugas e excesos de presión que poidan provocar roturas.

“Iremos incrementando esta sectorización de xeito progresivo, a través de novos contadores e de sistemas de apertura e corta de auga”, comentou Óscar Durán, concelleiro de Servizos Sociais, e avanzou que o seguinte punto será a Zona Deportiva.

Engadiu que a normativa esixe ter, como mínimo, o control do 75% da auga. Ademais, de xeito progresivo iránse instalando contadores nos diferentes edificios municipais.

Imaxe de portada: rotura de tubaxe en Toedo // Concello da Estrada / Arquivo

Comentarios

One response to “O polígono de Toedo sufrirá un corte no subministro de auga para instalar un contador”

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo