O martes presentaráse a nova edición da Feira do Moble

O martes presentaráse a nova edición da Feira do Moble

Este martes ás 11.00 horas o Salón de Actos do Recinto Feiral da Estrada acollerá a presentación da 37ª edición da Feira do Moble e da súa revista, na que se recolle información sobre o certame e que patrocina a Deputación de Pontevedra.

Ao acto prevése a asistencia do Director territorial de Emprego, Comercio e Emigración, José Antonio Rodríguez Fachado; a Deputada Autonómica da Deputación de Pontevedra, Belén Cachafeiro ; o alcalde do Concello da Estrada, Gonzalo Louzao ; a vogal da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Lucía Pedroso e o presidente da Asociación Comarcal de Empresarios de A Estrada, José Luís Terceiro .

Para permitir que saia adiante a edición, o certame feiral conta coa colaboración institucional da Consellería de Emprego, Comercio e
Emigración da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello da Estrada, Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e a Asociación Comarcal de Empresarios da Estrada. Asemade, as empresas privadas tamén colabora, contando coa aportación da Asociación de Comerciantes de A Estrada, Brea e Barcala, Charli Decoración, Ferroestrada, Fimart, Habita Inmobiliaria, La Bombilla, Mapfre, Pulpería Porta, Residencia Amboage, SBC Gasolineiras, Sierra Publicidad, Terca, Us Eventos e Varela Motor.

Do mesmo xeito, para na promoción do evento participan As Lerchas, Chelo do Rejo, Pablo Chichas e Isi.

Do 18 ao 21 de setembro

A feira celebraráse do xoves 18 ao domingo 21 de setembro, sendo a entrada das dúas primeiras xornadas de balde. O horario será ininterrompido desde as 11.00 ata as 20.00 horas.

Nesta edición estrearáse un pavillón multisectorial, haberá unha charla sobre FP e celebraránse varios sorteos con agasallos, entre os que se inclúe unha viaxe a Aveiro (Portugal).

Comentarios

Unha resposta a “O martes presentaráse a nova edición da Feira do Moble”

Deixar un comentario