Esta fin de semana Santa Cristina de Vea celebrará as festas da Gándara. Comezarán este sábado 13 cunha misa ás 13.30 horas cantada polo coro parroquial. A sesión vermú correrá a cargo da Charanga Fanfarria Furruxa. Pola noite, a verbena estará amenizada polo Grupo Reflejos, o Dúo Punto Zero e a Charanga OT.
O domingo oficiaráse unha misa ás 13.30 horas cantada polo Coro de Santa Cristina de Vea. A Banda Cultural da Estrada encargaráse do pasarrúas e da procesión e dará un concerto.


Deixar un comentario