Un bingo para recordar

Un bingo para recordar

O 21 de setembro celébrase o Día Mundial do Alzhéimer, esa doenza que, aos poucos, fai que nos esquezamos das cousas. Por iso, este venres a Praza do Mercado da Estrada acolleu un bingo solidario organizado por Agadea para recaudar fondos e dar visibilidade á loita contra o alzhéimer. Un gran número de estradenses participou, conseguindo premios ao berrar “liña!” ou “bingo!”.

Chelo do Rejo e As Lerchas encargáronse de animar a tarde a través do seu humor mentras os números ían saíndo do bombo.

Comentarios

One response to “Un bingo para recordar”

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo