Festa das Dores en Guimarei

Festa das Dores en Guimarei

Esta fin de semana Guimarei celebrará as súas festas das Dores. Uns festexos que comezarán o sábado 20 ás 13.00 horas cunha misa solemne. Gaiteiros da Estrada animarán a sesión vermú e Punto Zero e o DJ Marcos Kintana, a verbena.

O domingo 21 oficiaráse ás 13.00 horas unha misa solemne que estará seguida dunha sesión vermú que correrá a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada. Ás 18.00 horas haberá unha festa infantil con inchables de balde e a actuación do DJ Marcos Magán.

Comentarios

Deixar un comentario