Publicidade

Fin de semana de festas en Santo André de Vea

Esta fin de semana Santo André de Vea estará de festa. O venres 19 comezarán os festexos ás 13.30 horas cunha misa solemne cantada polo coro e seguida de procesión. A seguir, celebraráse a sesión vermú, que correrá a cargo da Charanga Radio Tropical. Á noite, a verbena correrá a cargo de Solara de Vigo e de Takicardia.

O sábado 20 oficiaráse unha misa solemne ás 13.30 horas, que estará cantada polo coro e seguida de procesión. Tras ela, a Banda de Música Cultural da Estrada dará un concerto e, á noite, Os Atrevidos e Distrito 7 amenizarán a verbena.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo