Un roteiro teatralizado para coñecer mellor a Avelina Valladares

Un roteiro teatralizado para coñecer mellor a Avelina Valladares

O vindeiro sábado 27, ás 18.00 horas, celebraráse en Berres un roteiro teatralizado que permitirá aos asistentes coñecer mellor a Avelina Valladares. Esta actividade forma parte dos actos programados no marco do Ano Cultural Avelina Valladares.

A participación será libre e gratuíta e partiráse do adro da igreza de Berres, na que se erixe o que foi o fogar dos Valladares, o Casal de Vilancosta. Ao longo do percorrido representaránse diferentes escenas coas que coñecer en profundidade á Cantadora da Ulla.

A primeira representación será no adro da igrexa de Berres, onde a EMAE fará varias representacións inspiradas na obra Os seráns de Vilancosta, de Santiago Cortegoso, que puxeron en escea con grande éxito no Teatro Principal hai uns meses.

O roteiro pasará por diante da casa natal de Avelina Valladares e seguiráse ata O Areal, onde o Padre Xiao representará a bendición da barca dos Valladares. Alí mesmo, Isabel Rei Sanmartín ofrecerá un recital do Cancioneiro dos Valladares.

Ao longo desta ruta organizada polo Concello da Estrada coa colaboración do espazo de Radio Estrada O Recuncho da Lingua, haberá un gran número de sorpresas. Ademais das xa citadas actuacións da Escola Municipal de Artes Escénicas, do Padre Xiao e de Isabel Rei, tamén participarán Tequexetéldere e o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso.

Regresa o Roteiro Cronoestrada

Noutra orde das cousas, este sábado 20 A Estrada acollerá unha nova edición do Roteiro Cronoestrada S.L.U. Nesta peculiar visita guiada e teatralizada ás rúas da Estrada, os participantes sairán das inmediacións da Porta do Sol acompañados por un guía, sendo o punto de encontro a carón do Bar Casa Herminio. As saídas serán ás 11.00, 11.06, 11.12, 12.00, 12.06 e 12.12 horas.

A distribución dos grupos faráse ás 10.50 e 11.50 horas. Para participar é imprescindible anotarse no departamento de Cultura ou ben chamando ao 986 573 601.

Imaxe de portada: representación de Os veráns de Vilancosta // Concello da Estrada

Comentarios

One response to “Un roteiro teatralizado para coñecer mellor a Avelina Valladares”

Deixa unha resposta a Éxito da Feira do Moble, queixas nos colexios e López Campos deixa a dirección do PP local – Xornal da Estrada Cancelar a resposta