Comezou a Feira do Moble

Comezou a Feira do Moble

Este xoves arrancou a 37ª edición da Feira do Moble de Galicia. Ás 12.00 horas o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o representante da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Miguel Ángel García, e a deputada da Deputación de Pontevedra Belén Cachafeiro inauguraron a mostra.

Todos eles puideron coñecer de primeira man os diferentes produtos que se amosan nesta feira, entre o que se atopa todo tipo de mobiliario, apartamentos turísticos modulares e mesas extensibles innovadoras, ademais de electrodomésticos, antigüidades, roupa, calzado ou complementos, entre outros moitos produtos, que tamén se poden ver no pavillón multisectorial que se incorporou nesta edición.

A entrada ao recinto este venres será gratuíta, do mesmo xeito que aconteceu este xoves. A feira, que rematará o domingo, poderáse visitar de 11.00 a 20.00 horas.

Charla sobre FP

Este venres ás 12.00 horas o salón de actos do recinto feiral acollerá unha xornalda técnica sobre FP. Á charla, que se titulará “A formación profesional ábreche as portas a un futuro de éxito”, asistirán en torno a 150 estudantes de bacharelato dos IES Manuel García Barros e Antón Losada Diéguez. Dada a alta afluencia, impartiráse unha segunda xornada ás 13.00 horas.

A sesión será impartida polo Xefe de Servizo de Orientación e Innovación Profesional, Pablo Otero. Con ela preténdese poñer de relevo a crecente demanda de profesionais cualificados en FP e visibilizar esta vía como unha opción sólida de futuro.

Asemade, a Consellería conta cun stand expositivo no pavillón 5, no que os interesados poden consultar as diferentes alternativas formativas existentes.

Imaxe de portada: inauguración da Feira do Moble // Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

Comentarios

One response to “Comezou a Feira do Moble”

  1. Avatar de Visitante
    Visitante

    Manda carallo, un sitio que en principio e para ver e comprar artículos que hai alí e por encima tes que pagar entrada. Como que no, así vai a menos cada vez.

    Gústame

Deixa unha resposta a Visitante Cancelar a resposta