Éxito da Feira do Moble, queixas nos colexios e López Campos deixa a dirección do PP local

Éxito da Feira do Moble, queixas nos colexios e López Campos deixa a dirección do PP local

Nesta semana, informativamente falando, pasou de todo. As nosas previsións informativas xa contaban coa celebración da 37ª edición da Feira do Moble e, a iso, engadíronselle as reclamacións das ANPAs e o inicio da sucesión de José López Campos á fronte do Partido Popular da Estrada.


// Xornal da Estrada

A semana da Feira do Moble

A Feira do Moble celebrou a súa 37ª edición, na que se estreou un pavillón multisectorial. Unha ampla gama de colchóns, sillóns e sofás. Unha das grandes novidades foron as mesas extensibles da marca Herrajes Formo-3 e o apartamento turístico de Gallega de Puertas y Escaleras.

É unha edición que, cos datos do sábado, un 30% do público era a primeira vez que visitaba esta feira. Ademais, dos visitantes, o 37% eran veciños da Estrada. Este domingo celebrouse o sorteo dunha viaxe a Aveiro.

Fabricar mobiliario a partir de cáscara de castaña

O innovador proxecto do IES Antón Losada Diéguez.


O PP celebrará un congreso para elixir a nova dirección

López Campos deixa a dirección do partido, polo que se celebrará un congreso do partido a nivel local o 19 de outubro. Gonzalo Louzao, actual alcalde da Estrada, avanzou que presentará a súa candidatura.

Gonzalo Louzao // Xornal da Estrada

Politicando

Gonzalo Louzao, PP da Estrada

A Estrada move ficha

Os empresarios estradenses souberon agardar durante anos pero, coa autovía e a ampliación do polígono de Toedo, chegou o seu momento. O de todos os estradenses.


Manifestación no CEIP do Foxo

A ANPA do centro mobilizouse polos horarios dos mestres. O titor de 3ºA está contratado a tempo parcial, tendo que xuntarse os dous terceiros para algunhas materias. No caso do mestre de Educación Física, tamén imparte docencia en Catoira, polo que perderon 5 horas de clase.

A Consellería dotará o centro con outro mestre

Así llo anunciou á dirección do centro. Será para terceiro de primaria. En canto ao mestre de Educación Física, manteráse a situación actual durante todo o curso.


Queixas polo estado no que se atopa o pavillón de Oca

“As espaldeiras podres, o chan verde, os enchufes con auga, a luz ao que leva un anaco acesa salta”. Así describen desde a ANPA do centro o estado do interior do pavillón de Oca. Solicitan que se arranxe.

Volta ao Cole

A ACOE celebrou unha minifeira


Un exemplo en Callobre // Concello da Estrada

Chegarán as humanizacións ao rural

Un plan do que se pretende que se vexan benficiadas as 51 parroquias do rural estradense. Preténdese que, con el, o peón poida gañar seguridade ao pasar por camiños estreitos.


Arranxan unha pista entre Requián e Santo André de Vea

É necesaria para a prevención e extinción de incendios. Ao remate, as obras trasladaránse a Pardemarín e Souto.

Traballos na pista entre Requián e Santo André de Vea // Concello da Estrada

Melloras en varias beirarrúas

Actúase en 15 puntos que serven de entrada a garaxes.


Accidentes na Estrada

Tras envorcar en Berres

Unha persoa resulta ferida.

Saída de vía na Estrada

Levaron por diante un farol.


Verán de récord nas piscinas municipais 

No mes de agosto aumentaron a afluencia un 74% respecto ao mesmo período do ano pasado.


Falta recollida do lixo

Veciños da Avenida de Santiago critican que os contedores do plástico, roupa e papel e cartón están cheos.

Instalaránse máis contedores amarelos

Tras as queixas dos veciños

Contedores na Avenida de Santiago // cedida

Inicio das obras no Reimóndez Portela // Concello da Estrada

Comezan as obras do Reimóndez Portela

Prevése que duren un mes.


O Concello reparte 104.000 euros en axudas a clubes e deportistas

Das 32 solicitudes presentadas, foron atendidas 29.


O Estradense caeu da Copa Federación 

No último minuto da prórroga.

Resultado // Xornal da Estrada

11 vivendas turísticas da Estrada non obtiveron o permiso

Terán que deixar de operar.


Ata sempre, Pepiña

A afamada e querida modista estradense faleceu este mércores aos 100 anos de idade.


Melloras nas zonas verdes

Xa chegaron ao centro.


A nova parada // cedida

Liripio estreou parada de bus

Volve estar en funcionamento varios anos despois.


Un roteiro para coñecer a Avelina

O 27 en Berres.

A Estrada Mostra

Haberá exposicións sobre Reimóndez Portela, Avelina Valladares e Castelao.


A Casa de Rosalía chega á Estrada

Cunha exposición na Praza do Concello.


Mesa informativa de Agadea

Polo Día Mundial do Alzhéimer.

Cruz Vermella promove o envellecemento activo


A ONCE podería ter un novo posto de venda cuberto na Farola

Así o confirmou o responsable do actual, Iván Magariños, nunha entrevista no Faro de Vigo.


Compostela Esgrima dará clases na Estrada

A partir de outubro


Comentarios

Deixar un comentario