A Estrada repara as beirarrúas de varias entradas de garaxes

A Estrada repara as beirarrúas de varias entradas de garaxes

“Os coches pesan cada vez máis e o tránsito sobre estas baldosas é continuo. Por tanto, non é de estrañar que nestes puntos as beirarrúas experimenten desperfectos que temos que corrixir”, así explicaba Óscar Durán, concelleiro de Servizos Municipais, os arranxos que se comezaron a facer en varios treitos de beirarrúas que serven de acceso a garaxes e que teñen o firme deteriorado polo tránsito de vehículos sobre elas.

As tarefas de mellora realizaránse en 15 puntos do casco urbano estradense, sendo destacables varios da Avenida Benito Vigo, como poden ser o acceso ao aparcadoiro do supermercado Froiz ou a contorna da Casa da Música. Unha rúa na que xa se realizaron as actuacións foi a San Antón, onde se traballou en tres puntos.

A actuación consistirá na substitución das actuais baldosas danadas por formigón con fibra para evitar que o firme rache. Estas obras estáas levando a cabo o departamento de Servizos Municipais.

Imaxe de portada: traballos de mellora de beirarrúas // Concello da Estrada

Comentarios

One response to “A Estrada repara as beirarrúas de varias entradas de garaxes”

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo