“Os coches pesan cada vez máis e o tránsito sobre estas baldosas é continuo. Por tanto, non é de estrañar que nestes puntos as beirarrúas experimenten desperfectos que temos que corrixir”, así explicaba Óscar Durán, concelleiro de Servizos Municipais, os arranxos que se comezaron a facer en varios treitos de beirarrúas que serven de acceso a garaxes e que teñen o firme deteriorado polo tránsito de vehículos sobre elas.
As tarefas de mellora realizaránse en 15 puntos do casco urbano estradense, sendo destacables varios da Avenida Benito Vigo, como poden ser o acceso ao aparcadoiro do supermercado Froiz ou a contorna da Casa da Música. Unha rúa na que xa se realizaron as actuacións foi a San Antón, onde se traballou en tres puntos.
A actuación consistirá na substitución das actuais baldosas danadas por formigón con fibra para evitar que o firme rache. Estas obras estáas levando a cabo o departamento de Servizos Municipais.
Imaxe de portada: traballos de mellora de beirarrúas // Concello da Estrada


Deixa unha resposta a Éxito da Feira do Moble, queixas nos colexios e López Campos deixa a dirección do PP local – Xornal da Estrada Cancelar a resposta