“Se es da Estrada, recoméndoche que non sigas esta conta”. Esta foi a primeira frase pronunciada polo alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, en TikTok. Foi nun vídeo no que explica os contidos que vai publicar no perfil que acaba de abrir.
Nel di que non se siga a súa conta se “non queres saber que fai o alcalde ou se non queres coñecer os lugares que me gustan, os proxectos nos que estamos a traballar, o día a día no Concello…”.
@gonzalolouzao O que avisa non é traidor.
♬ sonido original – gonzalolouzao – Gonzalo Louzao Donó
A este vídeo ségueno outros dous que tamén foron publicados nos perfís institucionais de Louzao en Facebook e Instagram. Estes versan sobre o informe desfavorable que presentou o Concello contra a gasolineira da Baiuca e a ampliación da AG-59.
Imaxe de portada: Gonzalo Louzao // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta