Xubílase Rosa Méndez, quen traballou con 7 dos 8 alcaldes da democracia estradense

Xubílase Rosa Méndez, quen traballou con 7 dos 8 alcaldes da democracia estradense

43 foron os anos que Rosa Méndez traballou como administrativa no departamento de Intervención do Concello da Estrada. 43 anos nos que puido traballar con 7 dos 8 alcaldes que tivo A Estrada na era da democracia.

Méndez chegou á administración local durante o goberno de Manuel Reimóndez Portela e continuou durante os de Elvira Fernández, Jesús Tallón, Ramón Campos, José Antonio Dono, José López Campos e Gonzalo Louzao.

Recomendado

Este xoves tocou despedirse dos compañeiros que vía cada día na Casa Consistorial para desfrutar dunha merecida xubilación. Gonzalo Louzao quixo despedirse dela no seu último día de traballo, ademais de Carmen Morillo, interventora nos últimos tres anos e que tamén se despediu este xoves dos seus compañeiros de traballo.

Imaxe de portada: a despedida de Louzao // Concello da Estrada

Comentarios

Unha resposta a “Xubílase Rosa Méndez, quen traballou con 7 dos 8 alcaldes da democracia estradense”

Deixar un comentario