Dúas persoas trasladadas tras producirse un incendio nunha casa en Rubín

Dúas persoas trasladadas tras producirse un incendio nunha casa en Rubín

Dúas persoas foron trasladadas por inhalación de fume debido a un incendio nunha casa na Veiga da Braña, en Rubín. O 112 recibía o aviso pasadas as 13.00 horas deste domingo. Segundo informou o alertor, comezou a arder un sofá eléctrico da vivenda.

Ata o punto trasladáronse efectivos do GES da Estrada, da Garda Civil e da Policía Local, ademais do 061, quen se ocupou de trasladar ás persoas. Tras sufocar as lapas, os servizos de emerxencias indicaron que arderon dous sofás e que o teito viuse afectado polo fume.

Comentarios

Unha resposta a “Dúas persoas trasladadas tras producirse un incendio nunha casa en Rubín”

Deixar un comentario