Publicidade

Dúas persoas trasladadas tras producirse un incendio nunha casa en Rubín

Dúas persoas foron trasladadas por inhalación de fume debido a un incendio nunha casa na Veiga da Braña, en Rubín. O 112 recibía o aviso pasadas as 13.00 horas deste domingo. Segundo informou o alertor, comezou a arder un sofá eléctrico da vivenda.

Ata o punto trasladáronse efectivos do GES da Estrada, da Garda Civil e da Policía Local, ademais do 061, quen se ocupou de trasladar ás persoas. Tras sufocar as lapas, os servizos de emerxencias indicaron que arderon dous sofás e que o teito viuse afectado polo fume.

Comentarios

Unha resposta a «Dúas persoas trasladadas tras producirse un incendio nunha casa en Rubín»

Deixa unha resposta