Tomban a pantalla da ACOE na Rúa Calvo Sotelo

Tomban a pantalla da ACOE na Rúa Calvo Sotelo

O vandalismo regresou ás rúas estradenses. Pasadas as 7.00 horas deste domingo, tal e como denunciaron veciños a través das redes sociais, un grupo de varios rapaces tombou a pantalla que ten a ACOE na Rúa Calvo Sotelo.

Comentan que “eran un grupo de 3-4 rapaces e unha rapaza” os que estaban “montando escándalo pola rúa, sentados na terraza do Andalucía” e que, posteriormente, realizaron a citada acción, deixando a pantalla tipo tótem tirada no chan e arrancada por completo.

Este suceso volve abrir o debate sobre a ausencia do turno de noite da Policía Local e a escaseza de efectivos no da Garda Civil, que ten que atender toda a bisbarra.

Póla tirada

Noutra orde das cousas, varias horas antes unha póla apareceu tirada na beirarrúa da Rúa Don Nicolás, a varios metros de distancia da árbore máis próxima.

Imaxe de portada: póla tirada na Rúa Don Nicolás

Comentarios

2 respostas a “Tomban a pantalla da ACOE na Rúa Calvo Sotelo”

  1. Avatar de 5 identificados, entre eles un menor, polos actos vandálicos – Xornal da Estrada

    […] suceso máis rechamante tivo lugar na Rúa Calvo Sotelo. Alí tombaron e esnaquizaron a pantalla tipo tótem que empregaba a Asociación de Comerciantes da Estrad… (ACOE) para publicitar o comercio local. Ademais, contabilízanse importantes danos na fonte da […]

    Gústame

Deixa unha resposta a O regreso do vandalismo, folga de mestres e novidades nas obras da Farola – Xornal da Estrada Cancelar a resposta