O PP da Estrada afronta un Congreso para elixir quen presidirá o partido tras renunciar José López Campos, actual conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.
Ata o pasado luns 29 os posibles candidatos puideron recoller avais e formalizar a súa candidatura. Prevése que este mércores a Comisión Organizadora do Congreso (COC) confirme cales foron as candidaturas que se presentaron. Tras iso, abriráse un prazo de dez días para a campaña electoral interna entre a militancia.
O luns, 13 de outubro, será a data límite para que os candidatos presenten a súa proposta de xunta local, que estará conformada por un máximo de 20 vogais e que quedarán validadas, por parte do COC e se cumpren os requisitos, o día seguinte.
O día grande será o domingo 19, cando o anexo do polideportivo municipal Coto Ferreiro acollerá o 11º Congreso do partido, baixo o leman “A Estrada das oportunidades”.



Deixa unha resposta a De identificar os posibles autores de actos vandálicos a inaugurar un edificio xudicial – Xornal da Estrada Cancelar a resposta