Inauguramos movidas e tal

Inauguramos movidas e tal

Xoán Reices, BNG da Estrada

Sisisi. Que ben senta! Facer un edificio novo, todo chulo. Que veña o presi e sacar unhas fotos ben bonitas! Sorride!

E cando estea vello? Va, deixamos que caía e facemos outro! Xenial! El capitalismo funciona!

Iso si, despois non hai cartos. Non hai cartos para manter as Estradas, pero hai cartos para facer unha autovía de dubidoso interese para o Concello. Non hai cartos para manter os edificios públicos, pero sempre hai cartos para facer outros (onde goberna o meu partido, por suposto). Non hai cartos para manter os trens ou crear unha rede de proximidade medio decente, pero hai cartos para facer o AVE !

Non vou ir de gurú, non fai falla. Pero xa se ve o que pasa. Non se salva un concello, e o noso non é a excepción.

Tivemos baños automáticos, pantallas interactivas, pantallas informativas, pantallas anunciativas, pantallas reiterativas e as miñas preferidas, pantallas para anunciar espazo libre nos aparcamentos. Tivemos centro ictiolóxico que, ao contrario do que di o alcalde, é froito dun acordo da Xunta e Fenosa para compensar a xente pola explotación do río que rebentou unha empresa privada… e que nunca funcionou. Tivemos centos de caralladas que non serviron para nada, pero…

Non hai cartos!

E así andamos. Porque os nosos impostos non os xestionamos nós. Os nosos impostos non os xestiona nin sequera a Xunta. Moitos dos nosos impostos nin sequera os xestionan dende Madrid!!

Igual hai que ir pensando en buscar alguén que os xestione distinto. Digo eu, vaia. Vós veredes.

Porque ao final, si. É cuestión de prioridades. É cuestión de valentía e de non facer soamente o que din os de arriba. Tamén é cuestión de non ser un sipaio de medio pelo que o único que pretende é medrar. E eses son problemas maiores que a impresentable de Ayuso ou o monicreque de Feijóo. Incluso maior que Perro Sanxe.

Como lo oyes.

Así que… para uns, menos inaugurar, e máis coidar. Menos cartos en babecadas, e máis servizos públicos. Menos Europa, e máis xestión local. E para os outros? Menos crecemento persoal, e máis comunidade. Máis arriscarse e sacrificarse polo que sabemos que está ben. Estánsenos acabando as oportunidades.

Queres ler máis artigos coma este?
Visita o espazo web de Politicando!

Comentarios

One response to “Inauguramos movidas e tal”

Deixa unha resposta a De identificar os posibles autores de actos vandálicos a inaugurar un edificio xudicial – Xornal da Estrada Cancelar a resposta