As asociacións de mulleres rurais serán as protagonistas do Día da Muller Rural

As asociacións de mulleres rurais serán as protagonistas do Día da Muller Rural

A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, presentou este xoves na sección de Igualdade do programa Salta da Cama Magacine, de Radio Estrada, a programación do Día da Muller Rural, que se celebrará o vindeiro mércores 15.

No espazo, no que tamén colabora a presidenta da asociación de Mulleres da Estrada, Kim Llobet, desvelouse que tanto as asociacións de mulleres rurais coma o Novo Mercado terá un especial protagonismo nesta edición.

Será ás 11.30 horas cando, nese espazo, unha representante dos citados colectivos de mulleres mercará co chef Ález Iglesias. Os produtos adquiridos prepararánse nun showcooking e o evento rematará cunha degustación.

“Quero que o acto sirva tamén para promover que a xente merque no Novo Mercado os nosos produtos de proximidade, de excelente calidade e detrás dos que están moitas mulleres. Non hai máis que ver as bancadas dos mércores, por exemplo”

Amalia Goldar, concelleira de Servizos Sociais

Pola tarde, o MOME acollerá dous exemplos de mulleres dedicadas profesionalmente ao medio rural e a sectores tradicionalmente masculinizados. Coñeceráse ás irmás Dolores e Rosario Gamallo, de Gamallo Forestal, e a Marisa Rodríguez. As Gamallo traballan nunha empresa que se adica ao subministro de leña para as chemineas e as cociñas mentras que, Rodríguez, á produción de mazá para a elaboración de sidra.

Imaxe de portada: Amalia Goldar (diante) e Kim Llobet (fondo) nos estudos de Radio Estrada // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario