A parroquia estradense de Lamas honra esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe das Dores.
Ás 22.00 do sábado 11 haberá unha verbena a cargo de Laura Añón, Ángel Sevilla, J. J. Compota e da orquestra La Conexión. Asemade, haberá carpa e inchables.
O domingo 12 ás 13.00 horas oficiaráse unha misa. O pasarrúas e a sesión vermú contarán coa música dos Gaiteiros da Estrada.


Deixa unha resposta