O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, xustificou a construción dunha senda peonil e ciclista entre A Estrada e Toedo, Fíxoo no pleno tras ser cuestionado polo voceiro do PSOE, Luis López Bueno, sobre a súa utilidade.
López Bueno considerou que sería “máis útil” destinar os 1,1 millóns de euros que custará a vivenda pública ou á instalación de servizos no polígono de Toedo.
López Bueno considera “desorbitado” o orzamento da senda peonil e pide executar a ampliación do polígono
Custará 1,1 millóns de euros
O rexedor explicou que a construción da senda faise no marco dun plan de sendas que ten a consellería de Infraestruturas. Insistiu en que “ou vén para A Estrada ou vai para outro sitio”. Iso si, os cartos “non van para o polígono”, asegurou. Engadiu que os fondos destinados á ampliación do polígono de Toedo non dependen da consellería de Infraestruturas, promotora da senda, senón da de Economía.
En canto ao prezo, informou de que se debe a que é necesario ampliar dúas plataformas para superar dous leitos e outras infraestruturas.
Ademais, lembrou que os veciños de Toedo reclamaban a construción dunha senda para mellorar a seguridade para os peóns.
Imaxe de portada: inicio das obras da senda // Xunta


Deixa unha resposta