Publicidade

O irmanamento entre A Estrada e Rianxo asinarase ante Virxinia Pereira e Castelao

Os concellos da Estrada e Rianxo asinarán o vindeiro luns 19 o seu irmanamento. Farano na Estrada, na oficialmente coñecida como Praza de Galicia, a carón da escultura que representa á familia Castelao-Pereira. Será en coincidencia co día no que se farán 114 anos do casamento, na contorna da Farola, de Virxinia Pereira e Castelao.

Anunciouno o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, durante a inauguración da exposición Virxinia Pereira: Dez voltas na vida en Rianxo. Esta é a primeira colaboración entre dous concellos que xa contan os días para converterse en irmáns.

“Esperemos que o 19 de outubro nos acompañe o tempo para asinar este irmanamento a carón da escultura que representa a familia e no lugar onde Virxinia e Castelao casaron, xusto no aniversario daquel día e tamén nun 19 de outubro no que ela naceu, en 1884”, dixo Gonzalo Louzao.

Imaxe de portada: escultura da familia Castelao-Pereira // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo