O Concello da Estrada aprobou elaborar un Plan Municipal de Prevención, Aforro e Adaptación fronte á Seca. Na iniciativa, inicialmente plantexada polo BNG, foi modificada no marco de diálogo por todos os grupos para incorporar medidas e actuacións que xa están en marcha no municipio e, á vez, orientar o futuro plan cara a unha planificación coordinada cos instrumentos de Augas de Galicia. Tomarán como referencia o Plan de Seca da Demarcación Galicia-Costa.
Directo: Pleno do mes de outubro
Aprobarase a elaboración dun plan fronte á seca
Esta ferramenta permitirá anticiparse a posibles períodos de seca, mellorar a eficiencia no uso da auga e establecer respostas adaptadas aos diferentes escenarios. Para iso teranse en conta as fontes e infraestruturas que abastecen A Estrada e o comportamento dos diferentes elementos da rede ante escenarios de seca prolongada.
Contempla continuar avanzando na detección e reparación de fugas, na sectorización e dixitalización da rede e no control de consumos e perdas. O sistema do futuro pasa por coñecer en tempo real caudais, consumos anormais, perdas e niveis de reserva. Analizarase a capacidade das diferentes fontes de abastecemento para responder a períodos prolongados de seca.
Plantéxase poñer en marcha unha campaña municipal de información e concienciación sobre uso responsable da auga. Nela incluiríanse recomendacións concretas para vivendas, comercios, empresas, instalacións municipais e actividades agrogandeiras. Evitarían mensaxes alarmistas e adaptarían a intensidade da campaña á situación real dos recursos.
O acordo propón unha interlocución específica co sector agrogandeiro para coñecer a evolución dos seus recursos de abastecemento e establecer, en coordinación coa Xunta de Galicia, un protocolo de resposta ante posibles problemas graves de subministración ás explotacións.
Imaxe de portada: Un afluente do Umia en Ribela // Xornal da Estrada / Arquivo


Deixa unha resposta