López Bueno asegura que se tería denegado o proxecto da variante da EP-7016 mesmo se se presentase ante a Xunta

López Bueno asegura que se tería denegado o proxecto da variante da EP-7016 mesmo se se presentase ante a Xunta

O voceiro do PSOE da Estrada, Luis López Bueno, respondeu ás palabras pronunciadas por Gonzalo Louzao o pasado mércores en relación á denegación por parte do ministerio de Transporte dos permisos necesarios para construír un novo entronque da EP-7016 (estrada a Vinseiro) coa N-640.

López Bueno pediulle ao rexedor que “se informe mellor” antes de facer declaracións sobre o “ridículo” que terían feito Concello e Deputación ao presentar dito proxecto e que non cumpría a normativa de construción de estradas.

Coincide con Louzao ao sinalar que o inicio desta vía “é un risco para a  seguridade viaria dos veciños de Guimarei, Cereixo, Vinseiro e Lagartóns”. Cómpre lembrar que os primeiros 200 metros teñen unha pendente media do 10%, unha curva e o ancho da estrada é de catro metros.

O proxecto que se presente, continúa o socialista, ten que ser “cun traballo serio e un expediente ben ordenado, non con  anuncios precipitados, fotos coa deputada provincial e toda a parafernalia á que nos ten afeitos Gonzalo Louzao”.

Explicou que “o proxecto que redactaron entre a Deputación e o Concello non cumpre co ángulo de entrada na rotonda, non cumpre coa distancia mínima ao acceso anterior e non cumpre coa pendente máxima de entrada” e que pasaría o mesmo se tiveran que pedirlle permiso á Xunta de Galicia.

Calificou de “moi perigoso” que as verbas de Louzao nas que se fala de que “detrás disto hai unha manobra política, o único que hai é un informe de 03/07/2025 que se lle comunicou á Deputación, firmado polo Director da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, e do que Gonzalo Louzao non sabía nada ata esta semana”.

O voceiro dos socialistas engadiu que Louzao Dono “debería ter coñecemento dese informe hai moitos meses” pero “parece ser que na
Deputación non o teñen ao tanto das cousas que pasan ou non lle collen o teléfono”.

“O que toca agora é que se poñan a traballar nun
proxecto reformulado que cumpra as normas”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada

Por último, López Bueno comentou que, tanto desde a Demarcación de Estradas coma desde a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, confirmáronlle que, no caso de presentar un proxecto que cumpra a normativa técnica, aceptaráse.

Imaxe de portada: Quilómetro 0 da EP-7016 // Xornal da Estrada

Comentarios

Unha resposta a “López Bueno asegura que se tería denegado o proxecto da variante da EP-7016 mesmo se se presentase ante a Xunta”

  1. Avatar de Louzao asegura ter pedido cita para solucionar os problemas da variante antes da sinatura do informe negativo – Xornal da Estrada

    […] Louzao, alcalde da Estrada, saíu ao paso das declaracións feitas polo voceiro do PSOE no concello, Luis López Bueno, en relación coa variante da EP-7016 (estrada de […]

    Gústame

Deixar un comentario