O Concello da Estrada pagou neste mes de outubro os atrasos da RPT que se produciron entre 2016 e 2021. O gasto total ascendeu a 2.787.000 euros, dos que 1.719.586,52 aboáronse a principios de mes nun pago extraordinario. O montante restante, correspondente a intereses e cotizacións á Seguridade Social, pagouse a finais de outubro. En total víronse beneficiados 113 traballadores.
Os pagos cargáronse á remanente existente que, o alcalde Gonzalo Louzao, atribuíu a unha adecuada xestión económica.
Imaxe de portada: reunión de Gonzalo Louzao cos traballadores no mes de xuño // Concello da Estrada


Deixar un comentario