Ouzande celebrará o magosto

Ouzande celebrará o magosto

Este sábado 8, ás 20.00 horas, comezará o magosto que organiza A Fervenza de Ouzande. Será no local social da parroquia onde a música de Retrouso e Decotío amenizarán unha foliada á que os asistentes tamén poderán levar os seus instrumentos.

Haberá castañas e viño novo de balde, amais de chourizos asados e bebidas a prezos económicos. Do mesmo xeito, poderáse desfrutar de varios xogos populares.

Comentarios

Deixar un comentario