Convocan a empresarios e autónomos estradenses para falar das axudas autonómicas e municipais de 2026

Convocan a empresarios e autónomos estradenses para falar das axudas autonómicas e municipais de 2026

O Concello da Estrada e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Pontevedra Norte convocaron ao empresariado estradense — entre o que se inclúen os autónomos — para orientalo nas axudas autonómicas e municipais que haberá no 2026. O encontro celebraráse o vindeiro mércores, 19 de novembro, ás 19.30 horas na sede da Asociación Comarcal de Empresarios (ACE).

Estarán presentes o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o xerente do GDR Terras de Pontevedra Norte, Ramiro Ruibal, o presidente da ACE, José Luis Terceiro, e a técnico municipal de Emprego e Subvencións, Ana Ferradáns. Alí poderán coñecer información útil coa que poidan coñecer con tempo o necesario para preparar as súas solicitudes.

O GDR informará do programa Leader e o Concello das axudas municipais ao emprendemento, que se convocan en marzo.

Neste contexto, Gonzalo Louzao aproveitou para lembrar que está aberto o prazo para rexistrar a demanda de solo industrial na ampliación do polígono empresarial de Toedo. Incidiu na importancia de facelo no que resta de 2025 para que “queden as demandas e necesidades claras para facer o proxecto de urbanización”.

Asemade, amosouse aberto a que estes demandantes de solo industrial na fase de ampliación poidan contactar co Concello de cara a manter unha reunión de traballo coa consellería para abordar estes asentamentos.

Imaxe de portada: o empresariado nunha reunión para explicar a expansión do polígono de Toedo // Arquivo / Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario