Publicidade

Arnois ten unha nova veciña centenaria

Ela é María Puente, vive no lugar da Quenlla, en Arnois, e este martes recibiu a visita de Gonzalo Louzao porque ela ingresou na nómina de estradenses centenarios. No seu domicilio conviven cinco xeracións, entre os que se atopan a súa filla María, o seu neto, a súa bisneta e o seu tataraneto, este último de 9 meses de idade. “Coido que este ten que ser o segredo para chegar así de ben aos 100 anos: estar tan ben rodeada por tanta familia, que te quere e te coida tanto”, díxolle Louzao á homenaxeada.

Imaxe de portada: María Puente con Louzao // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta