O paso dunha fronte moi activa deixará chuvias intensas e refachos de vento fortes este domingo. Porén, a AEMET activou sendos avisos por chuvia acumulada en 12 horas e refacho máximo de vento.
O aviso de maior duración e maior nivel é o de chuvia en 12 horas. Estará activo dende a medianoite e ataás 18,00 horas, podéndose acumular 80mm nese periodo de tempo. O peor momento, segundo as previsións da AEMET no momento de redacción desta noticia, será de 8.00 a 12.00 horas.
Á chuvia súmaselle un aviso amarelo por refachos de vento que poden alcanzar os 70km/h. Estará activo de 8.00 a 17.00 horas.
Luns, novo temporal
Tras esa fronte, luns chegará outra, que tamén deixará avisos. Polo de agora, a AEMET só activou un aviso amarelo por chuvia acumulada en 12 horas, con rexistros de ata 60mm. Activarase ás 10.00 horas e prolongarase durante o que quede de xornada.
Niveis de aviso
- Verde: Sen risco meteorolóxico
- Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
- Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
- Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.


Deixa unha resposta