Retomáronse os asfaltados do Plan Camiña Rural
O Concello da Estrada ten en licitación un novo proxecto de pavimentación de vías de 23 parroquias, financiado con case 800.000 euros dos fondos do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. A previsión é que se poidan comezar a executar en xaneiro de 2026.
Intervencións previstas
- Toedo: Toedo, Cerrada das Carballas, O Soutiño, O Soutiño-Igrexa e A Carballa.
- San Pedro de Ancorados: O Foxo e O Foxo-Penalba.
- Callobre: Ponteliñares-Moreira (Devesa) e Ponteliñares.
- Guimarei: A Torrevella.
- Santo André de Vea: Trazaríns-Cardelle e Cardelle.
- San Xiao de Vea: Vilanova.
- San Tomé de Ancorados: Igrexa.
- Aguións: A Raxeira, O Codeso e A Frieira.
- Vinseiro: Vis de Correa.
- Matalobos: Guendos e Saiñas.
- Remesar: Aldea Grande e A Rabeta.
- Santeles: Viasque, Sar e Fondevila.
- Berres: Altiño de Berres.
- Orazo: Barro.
- Arnois: Gundián.
- Loimil: Loimil (Igrexa).
- Rubín: Bemposta.
- Cora: Cora.
- Lagartóns: Os Tatos e O Viso.
- Codeseda: Barro e Vilaboa.
- Nigoi: O Pazo.
- San Miguel de Castro: Igrexa.
- San Miguel de Barcala: Negreira e Cimadevila.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, confirmou que xa traballan na redacción dun novo plan de asfaltados rurais para 2026, coa previsión de investir outros dous millóns de euros.
Asfaltados en Ribela e Codeseda
Por outra banda, estes días retomáronse os asfaltados programados a través do Plan Camiña Rural da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). As parroquias benefiarias son as de Ribela e Codeseda.
Nunha das actuacións, a do camiño que une a igrexa de Ribela co lugar de Marcenlos (Codeseda) — o que bordea o Río Umia –, na mañá deste xoves continuaba a asfaltarse, tras terse limpado as cunetas.
Nos lugares de Trabadela (Ribela) e A Portela (Codeseda) as actuacións incluen a limpeza de foxos, varrido superficial e firme a base de aglomerado en quente, con rega de adherencia. No lugar de Codeseda xa remataron.
Imaxe de portada: visita de Louzao aos asfaltados do Plan Camiña Rural // Concello da Estrada

Deixar un comentario