MAPA | Onde se van colocar os dez primeiros contedores marróns?

MAPA | Onde se van colocar os dez primeiros contedores marróns?

A instalación comeza este xoves

Este xoves comezará a instalación dos dez primeiros contedores marróns. Farase preto dos grandes produtores de residuos orgánicos, aínda que poderán ser empregados polos particulares que así o desexen, previa retirada da tarxeta que permite abrilos. Segundo anunciou o Concello, en xaneiro, unha vez analizados os resultados desta primeira fase, colocaranse outros 50.

Os dez puntos escollidos son: Avenida de Pontevedra (no entorno do supermercado Familia), Rúa Leicures (ao inicio, no entorno de restaurante Manxares e outros establecementos da contorna), Avenida de Santiago (nas inmediacións dos establecementos Invictus e Inferno), Avenida de Benito Vigo (xunto Froitería Doi e Froiz e á altura do número 24, próximo ao restaurante Gran Vía e Mesón da Estrada), Avenida de Vigo (parte posterior do supermercado Froiz), Rúa Iryda (fronte supermercado Familia), Praza de Abastos, Rúa Gradín (xunto Restaurante Samaná) e Rúa 56 (Hostal A Bombilla).

A frecuencia inicial de recollida, segundo explicou o concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, será de dous días á semana, escolléndose os martes e os xoves. O primeiro día que se fará será o vindeiro martes 23. Aínda así, esta frecuencia poderíase modificar en función das necesidades.

Imaxe de portada: punto de información sobre o contedor marrón, este mércores na Rúa Calvo Sotelo // Concello da Estrada

Comentarios

One response to “MAPA | Onde se van colocar os dez primeiros contedores marróns?”

  1. Avatar de En febreiro instalaranse medio cento de contedores marróns na Estrada – Xornal da Estrada

    […] O Concello da Estrada anunciou este mércores que será finalmente en febreiro cando se colocarán de forma paulatina a totalidade de contedores marróns restantes. Serán, en total, medio cento de puntos de depósito de restos orgánicos os que se sumarán aos 10 xa colocados en decembro. […]

    Gústame

Deixa unha resposta a En febreiro instalaranse medio cento de contedores marróns na Estrada – Xornal da Estrada Cancelar a resposta