Este martes o alcalde da Estrada recibiu a Alberto Lorenzo, quen será o novo axente da policía local na Estrada. Con eles estivo o xefe da unidade, Javier García.
Lorenzo ingresará o 2 de xaneiro na Academia Galega de Seguridade Pública, ata o 26 de xuño. Tras iso, comezará o período de prácticas para despois ingresar como funcionario de carreira.
A chegada de Alberto Lorenzo prodúcese despois da xubilación de Aurelio Fernández, quen estivo no corpo estradense durante os últimos 37 anos.
Imaxe de portada: recibimento a Alberto Lorenzo // Concello da Estrada

Deixar un comentario