Na mañá deste xoves rompeu unha tubaxe na Rúa Cerdedo, na intersección con Pintor Maside. Segundo informa o Concello, o abastecemento cortouse ás 9.00 horas para solventar a rotura, restablecéndose o servizo ás 11.00 horas.
Dado o punto no que se produciu, aproveitáronse os traballos de substitución do tramo de tubaxe danado para cambiar un tramo antigo de condución que aínda era de fibrocemento e colocar un cóbado de fundición para maior seguridade.

Nos últimos anos producíronse varias roturas na zona que comprenden as rúas Pintor Maside, Forcarei e Cerdedo. Dende o Concello da Estrada apuntan a que a causa reside nos tramos de tubaxe de fibrocemento aínda existentes que, con presión, tráfico pesado ou vibracións, poden chegar a romper e hainas que ir substituíndo “pouco a pouco”.
Imaxe de portada: operarios municipais arranxando a tubaxe // Concello da Estrada


Deixa unha resposta