Publicidade

Hixinio da Guerra

Sindo Vilamaior

Nunha conversa telefónica aínda fresca, unha apreciada amiga, facíame saber a disposición dela, da súa parella e da súa filla de voltar para Suiza. Aquí non se facía nin para comer. As súas familias foran emigrantes durante décadas, a partir dos anos sesenta, no país helvético. Sempre significaron para min coma un espello no que era ben mirarse e acadaron a categoría de modelo familiar a imitar: discretos, educados, limpos, traballadores… Claro, viñan de Suiza. Esperaba a súa chegada con gañas de iluso e desexaba o momento en que aparecían no seu Ford Scort marrón cos asientos cubertos de fundas de la de ovella e cun forte arume no interior a ambientador de piñeiro dos Alpes. Nas fotos que nos ensinaban (creo que de Lucerna) dábaslles a volta por desconfiar de que aquilo non fora unha postal, e non o era. Viñan á súa casa, aquí, e tiñan que ducharse no recén estreado cuarto de baño da miña casa, que meu pai trouxera espetado non sesos como desexo despois do seu disfrute en Francia (ano 1970). De Suiza trouxéronme o meu primeiro e único reproductor de cassetes; un Philips, que aínda conservo, de 13 por 25 centímetros cun regulador da voz ao lado da tapa, unha palanquiña que deslizabas nunha ou noutra dirección sobre o reproductor de cor negra. Alí escoitei centos de veces unha cinta verde que ela me gravara aos meus 15 anos de música dos Beatles. Na súa casa descubrín que existían as colecciós de discos e a un tipo vestido de negro cunha Ray Ban Way Farer, coma as de Bob Dylan. Era o maldito Johnnye Cash. Con esta familia eu fun por primeira vez á praia a Vilagarcía e creo que por primeira vez me enamorei, non tanto de alguén coma do que significaba esta amiga: unha sonrisa permanente e o optimismo vital nunha moza máis vella ca min pero dunha pel branca e fina que marcábanche o corazón. Compartían con sinceridade que nesta debastada terra a felicidade da miña familia, o éxito económico da miña casa, fora que tiveramos unha ovella parida e sobre todo que nós tamén eramos felices con iso. Por aquí viñeron fai 30 anos cuns amigos nun boogie (descapotable e amarelo), con crestas no pelo e aramios nos peteiros para alarma dos veciños. A súa modesta casiña reformárona sen tocar o exterior, poñendo o teito sen faiado e coas vigas á vista, todo nun confortable interior de madeira. Pois sí. Despois de 20 anos están decididos a marchar. Xogaron primeiro cos seus sentimentos cando estaban emigrados, entre chistes de Xan das Bolas e o o puto carro de Manolo Escobar ou as maravillas da “madre patria”, para que voltaran para España, e logo en España foron enganados por mafiosos empresarios . Esta familia amiga, con certa formación académica e profesional, sinte a naúsea da soedaded nunha vila manifestamente fea, que fai ruido de máis e habitada por personaxes que se gavan públicamente de saber como enganar á Facenda Pública e cobrar unha pensión. Estes amigos teñen unha filla con formación universitaria sen perspectivas laborais por quitarlle o governo pasta á investigación e coa mesma meterlle nas zarpas aos terroristas financieiros de Rato e compañía 23 millóns de euros. Cambiaron ás vista de boscos verdes da súa casa en Suiza polas do seu piso comprado con francos suizos, unha desfeita urbanística responsabilidade de décadas de governo dos mesmos que governan agora. Contaba mamá, a miña desgrazada nai, que seu pai lembraba unhas profundas estrofas que recitaba Hixinio da Guerra da Viladafonso: “Adios España querida, recuerdos llevo de tú, llevo los dientes afilados y telarañas en el cu”.

Seguimos na mesma.

Comentarios

Deixa unha resposta