O estradense Damián Rey, novo responsable da AMTEGA

O estradense Damián Rey, novo responsable da AMTEGA

Nunha rolda de prensa posterior ao último Consello da Xunta deste 2025, Alfonso Rueda anunciou seis cambios en cargos de segunda liña. Aínda que o máis destacable foi que tres dos relevos déronse en Medio Rural, a nivel local o titular lévao Damián Rey Rodríguez.

O estradense substituirá a Julián Cerviño na dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Especializado en transformación dixital, xestión estratéxica, TIC e modernización administrativa, actualmente é o responsable de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra.

Imaxe de portada: Rueda durante a rolda de prensa // Xunta de Galcia

Comentarios

Deixar un comentario