O vindeiro luns 12 ás 20.00 horas a Praza do Mercado acollerá unha nova concentración pola situación de Palestina, onde pese a terse firmado un alto ao fogo, existen denuncias de que Israel estaríao incumprindo, ademais dos ataques que se estarían a producir en aldeas palestinas de Cisxordania. Por iso, faráse baixo o lema “Non é paz con ocupación e xenocidio. Liberdade para Palestina!”.
Imaxe de portada: unha rapaza buscando comida durante a guerra entre Israel e Gaza // Wikipedia

Deixar un comentario