As rúas 56 e San Paio volverán a pecharse polas obras na Farola

As rúas 56 e San Paio volverán a pecharse polas obras na Farola

Este venres o alcalde da Estrada anunciou nos informativos de Radio Estrada que volverán os peches ás rúas 56 e San Paio porque o luns retómanse as obras da Farola.

Estes cortes, informou, van facer que se retomen as obras “desde o punto no que estabamos”. “Fixérase un fresado do aglomerado existente, como a retirada das beirarrúas que había que repoñer. A partir de ahí, colocouse un formigón de limpeza”, lembrou antes de comentar que “vaise comezar cos traballos de empedrado e formigonado para facer os acabados correspondentes desa zona”.

“Os traballos irán avanzando, encamiñados a que nas vindeiras semanas xa se ocupe totalmente a Praza de Galicia”, continuou o mandatario. Asegurou que son conscientes das molestias que xeran estas obras e agardou que “cos avances que agardamos que se fagan vaiamos abrindo treitos nos que estamos agora en obra e que despois ocupemos outros que agora mesmo están abertos”.

En canto ás paradas de autobús e taxi, volven a ser trasladadas. Os buses terán que parar no Concello e os taxis quedarán na rontonda da Farola, tal e como estaban antes de que se pararan as obras a finais de decembro.

// Xornal da Estrada

Imaxe de portada: obras nas rúas San Paio e 56 // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario