Un coche e unha furgoneta baten en Couso

Un coche e unha furgoneta baten en Couso

A PO-841 pechouse momentáneamente para retirar os vehículos

Pasadas as 14.30 horas deste domingo unha furgoneta e un turismo bateron na PO-841 ao seu paso polo lugar de Fontenlo (Couso), á altura do cruce coa PO-181, a estrada que permite acceder ao Souto de Vea.

A furgoneta quedou invadindo o carril dereito en dirección Santiago de Compostela e foi necesario pechar ao tráfico momentáneamente a estrada para a retirada dos vehículos sinistrados. Só se produciron danos materiais.

Ata o punto desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico de Lalín e da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.

Imaxe de portada: vehículos implicados // A. V. Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Deixar un comentario