Os cruceiros forman parte do patrimonio material de cada lugar e, tal e como se indica desde a web de turismo da Xunta de Galicia, son un “sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular”. Deles tamén se podería dicir que son “un perdón do ceo”, tal e como asegurou Castelao.
En Guimarei hai catro anos o seu cruceiro foi derrubado durante as manobras que realizaba unha pala. Dende ese momento os veciños da parroquia puxeron todo o seu empeño para garantir a súa recuperación.
Tamén falamos da conservación do patrimonio en
O BNG urxe a reparación das pontes de Liñares e Paradela ante o risco de que se derruben
Xoán Reices presentou unha moción
As pezas trasladáronse aos almacéns do Concello e, namentres se buscaban os fondos e persoal para realizar a restauración, os veciños chegaron a substituílo por un de madeira. Un cruceiro que xa foi substituído polo orixinal, algo que festexaron este domingo coincidindo coas festas na horas de Santa Lucía e San Xulián, aínda que fose sen a procesión prevista, que se suspendeu por mor do mal tempo.

“Parece que o cruceiro non sufriu o accidente”
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, acompañou aos veciños nesta celebración. Agradeceu a disposición da Consellería de Cultura, departamento co que medio para conseguir fondos, pola súa axuda na restauración deste cruceiro. Asemade, asegurou que “parece que o cruceiro non sufriu o accidente”.
Imaxe de portada: cruceiro restaurado // Concello da Estrada

Deixar un comentario