Regresan as clases de baile galego que ‘engancharon’ aos maiores

Regresan as clases de baile galego que ‘engancharon’ aos maiores

O prazo de inscrición abre este mércores e remata o vindeiro martes

En marzo de 2025 publicabamos unha noticia titulada Os maiores quedaron ‘enganchados’ ao baile tradicional, en relación ás clases de baile galego que se ofertaron desde o Concello como substitutivo temporal das aulas de Musicoterapia.

Aínda que non era a actividade á que se apuntaran, ao rematar foron moitos os que se achegaron ao Concello para pedir que se fagan clases de baile, segundo apuntan desde a propia institución. Por iso, este mércores abrirán o prazo para inscribirse nesta nova actividade.

O prazo para inscribirse ábrese este mércores 14 e pecharáse o vindeiro martes 20. Nelas poderán anotarse persoas maiores de 60 anos. Ademais, tamén poderán participar aquelas menores de 60 cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. O criterio de selección faráse por orde de entrada no rexistro do Concello. As solicitudes poderán formalizarse tanto no departamento de Servizos Sociais (en horario de 9.00 a 14.00 horas) ou a través da sede electrónica. Participar custa 14 euros e os cartos aboaránse no momento de inscrición.

Haberá tres quendas, cada unha para un grupo diferente. Cada grupo terá un máximo de 20 persoas. As clases impartiránse os martes, podendo elixir unha das seguintes quendas: de 16.00 a 17.00, de 17.00 a 18.00 ou de 18.00 a 19.00 horas.

Para anotarse só é necesario achegar a ficha de inscrición, ademais do certificado de discapacidade, de ser o caso.

Imaxe de portada: clases de baile celebradas en substitución das aulas de Musicoterapia en 2025 // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario