As actividades escolares no exterior, así como toda actividade deportiva, tanto Xogade coma federada, quedaron suspendidas para este mércores por mor dun aviso laranxa por chuvia, tal e como aconteceu este martes.
O paso dun novo sistema frontal, que deixará acumulados de ata 80mm entre as 6.00 e as 18.00 horas deste martes no interior de Pontevedra, especialmente na zona sur, levou á AEMET a activar un aviso laranxa por chuvia en 12 horas.
Asemade, entre as 12.00 e o remate do día estará activo outro aviso, neste caso amarelo, por refachos de vento de ata 80km/h.
Imaxe de portada: ballón na Estrada // Xornal da Estrada / Arquivo

Deixa unha resposta a Construirán un muro de contención para evitar novos desprendementos próximos ao camiño de Adoufe – Xornal da Estrada Cancelar a resposta