Así vai ser a programación cultural de primavera, “unha das mellores destes últimos anos”

Así vai ser a programación cultural de primavera, “unha das mellores destes últimos anos”

Na mañá deste mércores o Concello da Estrada acolleu a presentación da programación cultural de primavera, que comezará co remate de febreiro e rematará en maio. Música, maxia e teatro combinaranse nunha programación que, segundo a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, “en termos de calidade vai ser unha das mellores destes últimos anos”.

No teatro, “contaremos con dous dos mellores espectáculos do ano pasado”. Iribarne, de Butacazero, recibiu nove Premios María Casares, mentras que Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, conta con 17 nominacións no mesmo certame. Tamén se poderá gozar de Rafael Álvarez ‘El Brujo’ coa súa versión de El Lazarillo de Tormes.

Se falamos de monologuistas toca falar de Carlos Blanco e de La Penúltima e de Miguel Miguel co seu Acojonado. Para este último xa se venderon a metade das entradas.

Teatro de Papel e El profesor Bromera, das compañías catalás Rauxá e MeLaBuffa, sobresaen na programación de teatro infantil, xunto con Dedín, dedín, dedal, dos estradenses Malasombra Teatro. En canto á maxia estará Cayetano Lledó, un dos mellores a nivel galego, con Un show incríbel.

No musical, sobresaen os concertos de Pedro Pastor e De Vacas. Tamén se celebrará o festival Música no Camiño e contarán con concerto propio a Big Band Carlos Barruso ou a Banda Municipal da Estrada.

Programación completa

Febreiro

Sábado 28, 20.00h // Concerto de Solistas da Banda Municipal da Estrada (TP)

Marzo

Venres 6, 20.30h // Reconversión, Ibuprofeno Teatro (+16)

Sábado 7, 20.00h // Alicia, Bengala Teatro Físico (+12)

Xoves 12, 20.00h // Charla recital con Francisco Castro (TP)

Sábado 14, 17.30h e 20.30h // Festival Música no Camiño (TP)

Sábado 21, 12.30h // Dedín, dedín, dedal, Malasombra Teatro (+1)

Venres 27, 20.30h // Un show incríbel, Cayetano Lledó (TP)

Sábado 28, 20.30h // Pedro Pastor en concerto (TP)

Abril

Venres 10, 20.30h // El lazarillo de Tormes, Rafael Álvarez “El Brujo” (+12)

Sábado 11, 20.00h // Concerto de Javier Otero (TP)

Domingo 12, 19.00h // Coro Obradoiro Carlos Barruso, Cora da Ra e Cantaparanoia (TP)

Domingo 19, 19.00h // Big Band Carlos Barruso. Director: David Berger (TP)

Venres 24, 20.30h // La Penúltima, Carlos Blanco (+16)

Sábado 25, 12.30h // Teatro de papel, Rauxá Cía

Domingo 26, 20.00h // A Estrada: Luz e Son, Banda Municipal da Estrada (TP)

Xoves 30, 21.00h // Acojonado, Miguel Miguel (+16)

Maio

Sábado 2, 12.30h // El profesor Bromera, Cía MeLaBuffa (+2)

Sábado 2, 20.00h // O bosque animado, Darlle Bolo (+12)

Venres 8, 20.30h // Iribarne, ButacaZero (+16)

Sábado 9, 20.30h // Rebobina Divas Live, De Vacas (TP)

Xoves 14, 20.00h // As mil e unha, Vero Rilo (TP)

Imaxe de portada: presentación da programación // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario