Tequexetéldere representará a Galicia en Lorient (Francia)

Tequexetéldere representará a Galicia en Lorient (Francia)

É o festival mais importante do mundo celta

Tequexetéldere representará a Galicia na 55ª edición do Festival Intercéltico de Lorient (Francia), considerado o festival máis importante, grande e antigo do mundo celta. Dende a agrupación recoñecen que este era unha meta coa que soñaban dende hai tempo.

Arredor de 46 compoñentes de Tequexetéldere viaxarán ao país galo “coa idea de agradar e deixar o folclore da nosa terra cun bo sabor de boca, mostrando a labor de investigación realizada por toda a nosa xeografía, cunha escolma das diferentes investigacións etnográficas recopiladas nas catro provincias galegas, deixando oco para os Sons da Ulla, enaltecendo concellos coma o noso da Estrada”, segundo comentan.

O festival celebrarase entre o 31 de xullo e o 9 de agosto e contará con 12 escenarios, 300 espectáculos e máis de 5.000 músicos, cantantes, bailaríns, artistas visuais, académicos e cineastas procedentes de Escocia, Irlanda, Gales, Cornualles, Illa de Man, Galicia, Asturias, Bretaña e da diáspora celta (Estados Unidos, Australia e Nova Zelandia, entre outros).

Imaxe de portada: Actuación de Tequexetéldere no San Paio // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario