O presidente da Asociación de Veciños da Avenida de Santiago, Ángel Bergueiro, mostrou o seu descontento co estado de limpeza no que se atopa a Avenida de Santiago.
Indica que as papeleiras levan varios días cheas de lixo, ademais de que existen vertidos de lixo en fincas. No parque, “atopámonos con sucidade, bancos rotos e unha vexetación esquecida”, comenta. Engade que non é algo puntual, igual que o episodio do contedor amarelo con bolsas fóra del. Do mesmo xeito, asegura que o Concello foi informado desta situación.
“Os veciños non pedimos ningún luxo, só que se cumplan os servizos públicos que cada un paga relixiosamente. Non pode ser que a sucidade campe ás súas anchas e que ninguén corrixa esta desidia que arrastramos dende hai varios anos”, conclúe Bergueiro.






Deixar un comentario