O calendario feiral da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada ponse en marcha. Do 13 ao 15 de marzo o Recinto Feiral acollerá, de forma simultánea, a 14ª Feira de Oportunidades do Comercio e a 72ª Feira de Antigüidades.
Unha vintena de comercios, a maioría da ACOE, citaranse na Feira de Oportunidades, na que haberá descontos que superarán o 60% respecto ao prezo orixinal. Do mesmo xeito, celebraranse sorteos de lotes promocionais entre o público asistente.
En canto á Feira de Antigüidades, xa é unha cita histórica no calendario feiral estradense que complementa a oferta comercial con pezas únicas, obxectos de colección e mobiliario antigo.
O venres 13 abrirá de 16.00 a 20.00 horas, contando con entrada gratuíta. En canto ao sábado 14 e o domingo 15, abrirá de xeito ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas.
Deixar un comentario